Nestes días aparece un informa de un sindicato da vergoña, de eses que asinaron un acordo de traballo coa Xunta do PP para eliminar calquera dereito do persoal laboral, eliminando o concurso de traslados, as oposicións por concurso-oposición, a promoción interna, etc... onde se fai unha proposta de compensación dos hararios para o persoal a quendas.

A proposta, en resumo é:

  • 75% compensación por traballo en domingos e festivos
  • Traballar como máximo a metade dos domingos e festivos
  • O 24 e 31 de decembro (non especifican si é de decembro, aínda que imaxinamos que sí) días inhábiles.

Iso sí, aceptan o que se pague por traballar os festivos, o que non dín é a cantidade, a ver si vai a ser o que ofrecían no seu momento de 17€ festivo traballado.

Despois de moita literatura barata e de criminalizar as traballadoras e traballadores por esixir no ano 2013 compensación en tempo e non en diñeiro agora eles tamén piden tempo.

Evidentemente cumpren única e exclusivamente as ordes que lle dan os seus xefes do Partido Popular, que é para o que serven.

Dende a CIG dicimos: BENVIDOS AO V CONVENIO COLECTIVO ÚNICO PARA O PERSOAL LABORAL.

POR FÍN ACORDÁSTEDES UNIRVOS AO CONVENIO. O QUE PEDIDES É O ARTIGO 19 PURO E DURO, BENVIDOS. Nese aspecto só podemos manifestar a nosa satisfacción.

Agora so queda que fagan o mesmo COA PROMOCIÓN INTERNA PARA O PERSOAL LABORAL, O CONCURSO DE TRASLADOS, AS OPE´S como laborais CON TODAS AS PRAZAS VACANTES...

Por desgraza, na vez de esixir o cumprimento do convenio e o restablecemento dos dereitos roubados,coa sinatura do ACORDO DE CONCERTACIÓN O ÚNICO QUE FIXESTEDES É VENDER AO PERSOAL LABORAL.