Pasaron pouco máis de 15 días dende a súa presentación como delegada territorial da Xunta en Vigo e xa nos mostrou cal é o seu estilo: propaganda.

A Xunta con Vigo. O Marisquiño”. Duas lonetas de propaganda tapando varios pisos das duas torres do edificio administrativo da Xunta en Vigo. Só lle falta sair de “telonera” ao estilo Abel nun dos concertos do Marisquiño.

A semana pasada o conselleiro de Facenda facía saltar as alarmas de que a Xunta reclamaba 700 millóns de euros ao Goberno do Estado, advertindo que de non recibilos perigaban as nóminas das empregadas e empregados públicos.

E con ese panorama Corina Porro non tivo vergoña de contratar duas lonetas de importantes dimensións que só conteñen propaganda, para descolgalas nos dous edificios diante dos fociños, e ollos, do persoal, que entre deseño, fabricación e colocación seguro que o prezo ten catro cifras.

Señora delegada territorial: a Xunta ainda non devolveu aos empregados e empregadas públicas todo o que nos roubaron. O Fondo de Acción Social segue capado; as compensacións por traballar domingos e festivos non se recuperaron; o diñeiro que nos sacaron das extras durante varios anos non se nos devolveu. Temos tamén problemas de climatización, espazo, mobiliario, saúde, ergonomía, etc.

Non tire o diñeiro en propaganda!