A Xunta resposta á presión e abre unha mesa de negociación de traballo do persoal técnico dos distritros forestais sen Función Pública. A Consellería de Medio Rural convocou cos representantes sindicais o venres 9 de agosto de 2019 á Mesa de negociación demandada dende maio de 2018 e logo de varias mobilizacións do persoal.

As organizacións sindicais levamos á mesa as demandas dos enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes, que traballan na coordinación e xestión forestas e das emerxencias por incendios nos 19 distritos forestais sen que a administración fose capaz de presentar ningunha proposta.

Cun acordo de condicións de traballo de 2008 desfasado polos cambios na consellería, cambios no réxime de prestación de servizos e distribución de persoal ao cargo e condicións de xestión do monte e bioclimáticas actuais, para a CIG é vital chegar a un novo acordo que regule as condicións de traballo para o que compre ao menos:

  • Aumentar o cadro persoal para garantir os descansos

  • Reducir o horario anual de xeito que non se superen as 35 h semanais (1554h/ano).

  • Regular o traballo en fins de semana, festivos, quendas e gardas e descansos compensatorios e garantir 15 días de vacacións no verán.

  • Distribución equitativa da carga de traballo e maior organización.

  • Eliminar a dispoñibilidade absoluta dos xefes de distrito e establecer un/ha segundo xefe/a de garda por distrito forestal.

  • Diminuír a interinidade, que hoxe é do 50%, engadindo todas as vacantes na seguinte oferta de emprego público.

  • Aumentar as compensacións (tempo) e os complementos salariais polo traballo a quendas e gardas.

  • Plano de prevención de riscos laborais (incluídos sicosociais) actuando sobre as causas de estres laboral entre outras.

A Consellería de Medio Rural manifesta que imos ter un documento de traballo e xuntanza o 26 de agosto, aínda que se manifesta contraria ao aumento de custe. Para a CIG a solución ao conflito pasa necesariamente polo aumento do persoal técnico na relación de postos de traballo e así dar resposta a mellora de condicións de traballo. Non queda outra que loitar.