O venres 31 de outubro veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da distintas consellerías da Xunta que comezaron en decembro de 2018 na Consellaría de Facenda e no comité de empresa de Servizos Centrais, e remataron o venres coas eleccións aos comités de empresa de Economía, Emprego e Industria.

Os resultados en número de delegados/as tanto en persoal funcionario como en persoal laboral son:

     CIG     CCOO    UGT    CSIF   Outros 
 Xuntas de Persoal  46 17 13 26 19
 Comités de Empresa  104 125 56 90 17
 Total delegados/as    150   142 69 116 36

En relación ás eleccións sindicais dos anos 2014/2015 os resultados son os seguintes:

     CIG     CCOO   UGT   CSIF   Outros 
 2014/2015  133 124 91 99 2
 2018/2019  150 142 69 116 36
 Diferenza    +17   +18 -22 +17 +34

A CIG aumenta a súa representación en 17 delegados/as manténdose como primeira forza sindical na Xunta de Galiza. Tamén o fan CCOO e CSIF mentras UGT experimenta unha grande baixada. Ao mesmo tempo obteñen representación distintos sindicatos corporativos que non obteñen representación suficiente como para estar presentes nas mesas xerais de negociación, como son SEPGA, SATSE, ACIVRO e tamén SEPXGA e CUT.

A CIG gañou as elección sindicais ás Xuntas de Persoal funcionario, celebradas o día 11 de abril, onde obtivemos 46 delegados entre as 5 xuntas de persoal e revalidamos o primeiro posto na representación sindical do persoal funcionario. Mantense así como primeira forza na Mesa Sectorial de persoal funcionario:

Mesa Sectorial de persoal funcionario
      CIG      CCOO   UGT   CSIF   SEPGA   Total 
 2015  6 3 2 4   15
 2019  6 2 2 3 2 15

A CIG aumenta tamén a súa representación no comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza, pasando de 3 a 4 representantes.

Comité Intercentros de persoal laboral
     CIG    CCOO UGT CSIF Total
 2015  3 4 3 3 13
 2019  4 4 2 3 13

Das mesas xerais, que agrupan a representación na Administración Xeral da Xunta así como a do ámbito do ensino non universitario, SERGAS e persoal funcionario de Xustiza, aínda se está pendente dalgún proceso electoral para poder constituílas. Pero dentro do ámbito da Administración Xeral, a representación da CIG aumenta entre as catro organizacións sindicais que van estár presentes nas mesas xerais, pasando dun 29,75% a un 31,45%.

Dende a CIG-Autonómica queremos agradecer a participación de todas as persoas traballadoras da Administración Autonómica, especialmente daqueles que depositaron a súa confianza en nós.

Os resultados obtidos pola CIG deberían facer reflexionar tanto ao goberno de Feijoo como ás organizacións sindicais que asinaron acordos contra a vontade maioritaria do persoal empregado público xa que experimentan no seu conxunto unha caída de máis de 7 puntos.

Nestes próximos catro anos imos seguir loitando na defensa dos intereses dos empregados/as públicos/as, facendo propostas que supoñan melloras reais e que tendan a recuperar dereitos, propostas inclusivas que non discriminen a ningún tipo de persoal, defendendo unha Administración Pública onde o seu persoal sexa a peza central, dignificando o papel dos profesionais que a conformamos. Non hai cidadáns de primeira sen empregados públicos de primeira que presten servizos de calidade.

Para isto estará a CIG, para afrontar os próximos catro anos poñendo no centro os dereitos das persoas empregadas públicas.