Publicada no DOG núm. 227 do xoves, 28 de novembro de 2019 resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2018, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Pódense consultar as listaxes definitivas das axudas aprobadas e denegadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS. Na Comisión de Persoal do 14/10/2019, función pública comunicounos que a previsión de pago da axuda sería no mes de decembro.

O Fondo de Acción Social foi unha das cousas que o goberno de Feijoo recortou coa  Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Pasaron os anos, pero os recortes temporais continúan. Desde a CIG continuamos en loita para recuperar todo o arrebatado e incrementar as axudas.