A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta en Pontevedra acordou facer pública a súa postura unánime sobre os concursos de traslados:

  • A concesión de comisión de servizo non está suxeita a ningún tipo de criterio obxectivo. Xa que logo, rexeitamos que o tempo traballado nesa situación sexa considerado como tempo traballado no posto de orixe.

 

  • Defendemos que se oferten todas as prazas vacantes existentes. Incluímos aquí tanto as prazas retiradas por proposta de amortización (porque en demasiadas ocasións é unha manobra para ocultar postos).

 

  • Que se fagan as modificacións legais necesarias para permitir que en futuros concursos, todas as xefaturas de servizo, sección e inferiores, agás aquelas que polas súas características e mediante pacto social deban ser provistas doutro xeito, sexan de concurso ordinario.

 

  • Reclamar a convocatoria inmediata dos concursos de traslados de todas as escalas tanto de administración xeral como especial.