Con esta frase despacha o director xeral de Función Pública todos os asuntos:

  • Notas do 2º exame da promoción interna do A1: en breve.
  • Listado de admitidos do concurso de traslados de corpos xerais: en breve
  • Resolución provisional da acreditación de méritos da promoción interna ao C2: en breve.
  • Listado de admitidos das oposicións de Subalterno: en breve.
  • Convocatoria da próxima promoción interna: en breve.

Parece que un ano para el é un quanto de tempo infinitesimal, tempo que para este director xeral flúe de xeito diferente ao do resto dos mortais porque está encapsulado noutra dimensión temporal. Este epítome do tartufismo prefire permanecer impasible vendo rotar todo ao seu redor sen que ningún movemento o altere.

E posíbel que en outubro teña que facer as maletas, pero nós imos recomendarlle unha solución que lle pode gustar:

Cese do director xeral: EN BREVE