TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

No caso de que teña algunha dúbida ou necesite información, a Xunta de Galicia ten habilitado o teléfono gratuíto 900 400 116 para que formule as súas consultas.

SINTOMATOLOXÍA

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus (COVID-19) son FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISPNEA.

No caso de que chegase dunha viaxe ou de que estivese en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente os síntomas descritos, recoméndase que NON acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde senón que CONTACTE TELEFONICAMENTE CO 061.

RECOMENDACIÓNS XENÉRICAS:

  • Hixiene de mans e hixiene respiratoria
  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, ou utilizar unha solución hidroalcóholica.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
  • Practicar unha boa hixiene respiratoria: cando tusa ou esbirre, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (ao esbirrar, tusir ou tocar un pano de papel) e/ou obxectos contaminados, deberá lavar ben as mans.
  • Se ten síntomas de infección respiratoria (FEBRE, TOSE, DIFICULTADE RESPIRATORIA OU DISPNEA) afástese doutras persoas e mantéñase a un distancia de, polo menos, a 2 metros.