O 21 de xaneiro de 2020 a CIG rexistrou unha solicitude para que se cumpra o punto sétimo e se convoque a comisión de seguimento do seguinte acordo:

No mes de outubro do ano 2018 asinouse unha “proposta de acordo da consellería do Medio Rural , da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda e da Consellería de Facenda sobre as condicións de Traballo dos axentes Forestais e Medioambientais”.

Dito acordo foi públicado no DOG Nº 214 do 11 de novembro do 2019

En dito acordo asinado entre as OOSS (CIG, CCOO,UXT) e a Xunta de Galicia no apartado:

Sétimo.- Comisión de seguimento

Créase unha comisión de seguimento do disposto neste acordo, que estará integrada por dous representantes de cada unha das organizacións sindicais asinantes e un número de representantes das consellerías que conten con efectivos da escala de axentes medioambientais, designados polas respectivas secretarías xerais.

O 16 de xaneiro de 2020 a CIG rexistra por escrito unha solicitude para que se cree un grupo de traballo para redactar un regulamento de funcións para cumplir o seguinte acordo:

“Acordo da consellería do Medio Rural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e vivenda e da Consellería de Facenda sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais.”

Quinto.- Regulamento da nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental. Créase un grupo de traballo, con participación das consellerías de Facenda, de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda e de Medio Rural, para elaborar unha proposta de regulamento de funcións da Escala de axentes técnicos en xestión ambiental co obxectivo de que se publique no Diario Oficial de Galicia durante o ano 2019 o decreto de aprobación do mencionado regulamento, logo da correspondente Negociación. Asinado o 11 de outubro de 2018.