O persoal laboral da Consellería de Educación recibiu o día 3 de abril unha carta da conselleira na que se nos fai unha chamada de auxilio para reforzar o persoal da Consellería de Política Social.

É curioso que o saúdo empregado sexa “Querido/s amigo/s:” cando o persoal ao que se dirixe é maioritariamente feminino xa que está dirixido a persoal de limpeza e de coidados.

Nesta carta a conselleira pídenos que sexamos heroes, e as traballadoras e traballadores desta Consellería non queremos ser nin héroes nin heroínas senon persoal responsable e coas condicións laborais óptimas e de total seguridade e sempre coñecidas de antemán.

Dende a CIG non nos cabe a menor dúbida de que o persoal desta consellería estamos dispostos a aceptar o reto que esta situación nos supón; pero sempre e cando se nos facilite a maior información posible (a onde imos e en qué condicións vamos a traballar) para que esto nos permita facelo sin ningún tipo de inseguridade, xa que ainda que somos profesionais do coidado e da limpeza non temos experiencia para  o cometido que agora se nos solicita.

A CIG esixe que esa experiencia e profesionalidade que agora nos recoñece a conselleira, a teña en conta cada vez que solicitamos que se cubran as baixas de compañeiras coa maior brevidade posible, e se teñan en conta as especiais circunstancias dalgúns centros de ensino, así coma cando pedimos que se revisen as "ratios" establecidas para o persoal de limpeza e cociña (que se rixen por circulares e decretos de hai máis de 20 anos), ou cando solicitamos un "ratio" axustado á complexidade da problemática dos cativos con necesidades especiais ou cambiar a denominación dos auxiliares coidadores por Auxiliares Técnicos Educativos.

Os chamamentos ao persoal de educación comezaron 4 días antes da carta e non se respeitou a voluntariedade en todos os casos, pero sobre todo non se informa de xeito adecuado das medidas preventivas e EPI que van ter no posto de traballo, como tamén sucede con outros chamamentos de Politica Social. Esto é consecuencia do oscurantismo, a falta de información e o proceder de Politica Social na prevención, que é absolutamente caótico dende o comezo desta crise pero entendemos que a Consellería de Educación debe ser responsable do seu persoal polo que ten que asegurarse antes de ser chamados que as condición sexan as correctas. 

Polo que, dende a CIG esiximos á Consellería de Educación:

1. Informar dos protocolos de seguridade, EPI e condicions laborais previo ao chamamento. Estes protocolos de seguridade e saúde laboral en base a un Plan de Prevención actualizado e aprobado por centro de traballo cos criterios de protección e hixiene para o persoal de Sanidade dos centros hospitalarios públicos que garantan a integridade das persoas traballadoras. Este plan de prevención contará coa adecuada formación e información ao persoal traballador.
Así, deben proporcionarse os Equipos de Protección Individual (EPI) e  protocolos específicos para cada tarefa que se lle encomende ao persoal desta consellería, tal e como se fixo na de Medio Rural (que formou e informou ó seu persoal antes de comezar a prestar os servizos requeridos). Esiximos que estes sexan os adecuados considerando sempre un escenario de máxima protección, aínda que o centro onde preste servizos o persoal da Consellería de Educación non teña casos confirmados de COVID-19.

2. O respeito da voluntariedade do persoal segundo a Resolución do 30 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 30 de marzo, estes son os criterios fixados:
a) Ofrecemento voluntario do persoal.
b) Proximidade xeográfica do posto de traballo do persoal afectado co centro en que se precisan os seus servizos.
c) Menor idade.
d) Menores cargas familiares.

A mobilidade é voluntaria e compensada, en coherencia coa orde do Goberno publicada no BOE do 28 de marzo, Orde SND/295/2020, de 26 de marzo.

Consideramos que éste é o punto máis importante, xa que si existe obrigatoriedade esta presión engádese ao estrés que supón o traslado a un centro descoñecido e realizar tarefas as que non está acostumado/a e a situación xeral da alarma sanitaria. Abandonar a familia durante 15 días con apenas unhas horas de marxe, xornadas de 38 horas ou falta de medios e EPI son cuestións que están a suceder nos centros de Política Social e o persoal o sabe polo que a falla de garantías de antemán e información aumenta a inseguridade de xeito alarmante. Os chamanentos non poden ser ao bruto, ameazando con sancións  ou apertura de expedientes disciplinarios.

Se sumamos todos estes factores o risco sicosocial é altísimo aumentando a fatiga e consecuentemente a posibilidade de erros e dun accidente e polo tanto da contaminación e contaxio por COVID-19.

3. Condicions laborais entre as que está o calendario de quendas (previo ao comezo da actividade) con xornada máxima e descansos definidos (semanais). Rexeitamos o confinamento obrigatorio mentres non sexa un criterio establecido a nivel sanitario (e se estea a dar tamén no persoal sanitario). 

Que se lle ofrezan hoteis a todo o persoal da Consellería de Educación que preste estes servizos excepcionais e que así o solicite para poder elexir voltar  ou non coas súas familias asumindo o risco que eso supón. 

4. Que a Consellería de Edcucaión asuma e defina concretamente que facer perante a situación persoal de empregados/as especialmente sensibles ao COVID-19 polas súas condicións de saúde, lactancia… e xestione directamente co Servizo de Prevención a imposibilidade deste persoal na prestación deste servizo excepcional.

5. Que a Consellería de Educación asuma e defina, tamén, o protocolo a seguir no caso de que o persoal teña menores e/ou maiores a cargo.

6. Equiparación salarial co persoal da Consellería de Política Social cos pluses correspondentes as tarefas e funcións que efectivamente se realizan. Especificamente deberán aplicarse os tres correspondentes (penosidade, toxicidade, perigosidade) e o de especial responsabilidiade.

7. Negociación  das compensacións en tempo de traballo ao exceso das quendas e ao confinamento se o houbese de forma que o tempo investido sexa considerado tempo de traballo a tódolos efectos (incluídos compensatorios) que serán compensados logo do remate do estado de emerxencia sanitaria. Para estes efectos consideramos oportuno a eliminación das suspensión do artigo 19 do V Convenio Unico para o persoal laboral da Xunta de Galicia.