Non é a primeira vez que na CIG recibimos comentarios no senso de que non estamos a enviar información suficiente. Algunha vez os comentarios son todo o contrario, que o envío de informació é excesivo. Se o teu caso é o das persoas que se sinten saturadas, sentímolo; a nosa intención e obriga é informar.

Se non te chega a información que xenera a CIG e queres recibila, atende este correo.

A CIG-Autonómica envía varias veces por semana información por correo electrónico, twitter, telegram e facebook. Nalgunhas comarcas ou colectivos hai tamén información por whatsapp.

A canle de comunicación que máis movemos é o noso sitio web, ubicado en http://autonomica.cigadmon.gal. É habitual que publiquemos varias informacións diarias, con resumos de xuntanzas, evolución das distintas negociacións, documentos remitidos pola Administración, denuncias públicas, etc. Case todos os días hai algo novo.

Enviamos correos electrónicos cada varios días, a maioría das veces con todo o contido publicado no web sintetizando cada publicación. Despois do web, esta canle é a que mais información aporta. 

  • Se es das persoas que no pasado recibías correos dende as listas que a Xunta puxo a disposición dos sindicatos e solicitaches deixar de recibilos, entón a baixa afecta a todos os sindicatos. Podes reactivalo contactando co CAU.

  • Se o prefires ofrecémosche continuar recibindo os correos da CIG por outra canle. Para recibir os nosos correos pásanos o teu enderezo dende aquí: http://i.gal/contactarcig ou escríbenos a xunta@cigadmon.gal

Temos unha canle en telegram. Podes subscribirte dende: http://t.me/cigautonomica

Podes seguirnos en twitter (@CIGAutonomica) e facebook (CIG Autonomica).

En canto a whatsapp, non temos un sistema centralizado (cada comarca ten unha organización diferente). Vai a información de seguido.

Se necesitas contactar connosco mediante correo electrónico, vai ao seguinte formulario: http://i.gal/contactarcig. Derivaremos o que envíes ás persoas da CIG que corresponda atendelo.

Estes son os nosos locais e os teléfonos de contacto:

  • Compostela:
    • Local en San Caetano (soto de Educación). 981545909.
    • Local en San Lázaro (edif. de Emprego). 881997290.

  • A Coruña:
    • Local no edificio da Xunta en Monelos. 981185993.
    • Local na sede da CIG. 981169803.

  • Ferrol:
    • Local na sede da CIG. 981358750.

  • Lugo:
    • Local no edificio da Xunta. 982294209.
    • Local na sede da CIG. 982229013.

  • Ourense:
    • Local na sede da CIG. 988233850.

  • Pontevedra:
    • Local no edificio da Xunta. 986805515 , 886206647
    • Para recibir whatsapps pídenolo a 644707434.

  • Vigo:
    • Local no edificio da Xunta (8º andar). 986817597, 986817698. 
    • Local na sede da CIG (r/ Gregorio Espino). 986827927, 986827928.
    • Para recibir whatsapps pídenolo a 644707434.