As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT temos convocada para o xoves 25 de xuño a quinta xornada de mobilizacións nos centros sociais residenciais da Consellería de Política Social.

Destacamos o inmobilismo da consellería que logo dun mes de mobilizacións segue sen convocarnos a unha mesa de negoción para tratar a mellora das condicións laborais (recuperacion artigos que se manteñen recortados no convenio colectivo dende o ano 2012) e da urxencia do fortalecemento das residencias para prepararnos ante novas situacións de emerxencia sanitaria.

Denunciamos a falla de vontade da consellería e recordamos a necesidade dunha rede pública de atención as persoas forte e equipada co material e persoal abondo.

Para reclamalo, o persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentracion diante dos seus centros de traballo na quenda de maña entre as 11 e as 11:30h nunha nova xornada de loita este xoves 25 de xuño.