E presentamos denuncia ante a Consellería de Facenda e Medio Rural do accidente que supuxo a paralización do servizo desta aeronave é un risco para o persoal que traballa na base.

Así presentouse escrito coa relación dos feitos ante as consellerías afectadas na contratación das aeronaves contraincendios destas bases públicas para a extinción de incendios. É fundamental un bo estado destas aeronaves para evitar accidentes e danos as persoas que traballan no servizo contra incendios forestais da Galiza.

1. A empresa PLYSA ( B98851728 ) é concesionaria so servizo de 2 avións de carga en terra con destino á defensa contra incendios forestais durante os anos 2020, 2021 e 2022 Expte. /2019 destinados na base de Doade (prov. de Lugo).

2. A citada empresa conta con 2 avións de carga en terra modelo thrush 710P coas matrículas EC-MVL e EC-MUO.

3. O avión de carga en terra coa matrícula EC-MUO accidentouse con data de 29 de xuño de 2020, permanecendo dende esa data ate o 12 de xullo inoperativo e a base sen avión de substitución, deixando a base cun só aparato dispoñible.

4. A data de 12 de xullo foi substituído pola aeronave con matrícula EC-MKX .

Polo anterior é evidente que a empresa incumpriu o artigo 5 do prego de prescricións técnicas polo que foi contratada. “5. Mantemento e, reparación e avarías, en caso de se producir algunha avaría grave que provoque a inoperatividade da aeronave e faga necesaria a súa substitución, a empresa adxudicataria deberá comunicar inmediatamente este feito á consellería por escrito. substituirá inmediatamente a aeronave por outra do mesmo modelo ou de similares ou superiores prestacións, de xeito que non se resinta a operatividade do servizo, sen prexuizo das penalidades recollidas na carátula do prego de cláusulas administrativas particulares " e tamén o artigo 6 do mesmo documento “Aeronaves de substitución Deberase poñer a disposición unha aeronave de substitución como mínimo".

Así, e para que non volva suceder dende a CIG solicitamos ás consellerías afectadas que tomen medidas sancionadoras á empresa concesionaria e as preventivas que correspondan de xeito que evitemos danos as persoas que traballan na extinción.

  • Procedan a sanción correspondente á empresa concesionaria polo incumprimento dos artigos 5 e 6 ( en caso de non telo feito ) do prego de prescricións técnicas.
  • Envíen información da correspondente inspección de servizos (artigo 11) que xerou a nova aeronave con matrícula EC-MKX como é obriga legal.
  • Certificación da documentación acreditativa dos medios materiais e persoal necesarios para a execución do servizo do artigo 13 .1 do prego de cláusulas administrativas.
  • A investigación do incidente (sen danos persoais) por parte dos Servizos de Prevención de Riscos Laborais informando do seu resultado á representación do persoal da Xunta de Galiza por estar nunha instalación da Xunta de Galiza e para evitar dano que podería ocasionar ao noso persoal.