Publicada no DOG do 3 de novembro de 2020 a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Pódense consultar as listaxes definitivas das axudas aprobadas e denegadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

O Fondo de Acción Social foi un dos recortes derivados da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta lei "naceu" inicialmente cunha vixencia temporal de dous anos, pero oito anos despois, os recortes temporais continúan. Desde a CIG continuamos na loita pola derrogación desa lei e por recuperar todo o arrebatado e incrementar as axudas.