Mentres o curso escolar avanza, os dereitos do persoal laboral non docente dos centros de ensino retroceden. Pese á mensaxe oficial de que todo funciona razonablemente ben, a realidade é que o impacto da crise sanitaria da COVID-19 estase a sentir con crudeza nos centros de ensino.

Dende a CIG continuamos a esixir o establecemento de medidas que garantan a seguridade e a saúde laboral do persoal laboral non docente, co establecemento de medidas de prevención, avaliacións de riscos por posto de traballo, resolución ás solicitudes para a determinación de persoal sensibe por vulnerabilidade fronte á COVID-19 , reforzo do persoal de cociña e de limpeza e formación en prevención de riscos no ámbito laboral fronte ao virus.