A Xunta quere validar cun paripé de negociacion na Mesa Xeral de Empregados Publicos do 20 de abril de 2021, unha Orde pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza. Esta Orde modifica substancialmente as condicions laborais do persoal coidador e interprete de lingua de signos dos centros educativos.

Na CIG-Autonomica levabamos mais dun mes loitando pola negociación desta Orde, que xa fora previamente tratada coa representación sindical do profesorado na súa Mesa Sectorial Docente. Deste xeito, e a golpe de martelo, planean modificacións de ratios que chegan a sete alumnos/as con diversidade por coidador/a, ou que a atención ten que ser continuada dentro e fóra das aulas, ata nas actividades extraescolares, ou un caixón “desastre” onde meten todas as funcións que lle encomenden.. (“amen e asi sexa, señor director”, “farei o que vostede diga”).

A proposta altera moito máis das condicions laborais deste persoal non docente, polo que esiximos negociar xa que as queren modificar por esta vía e cargarse o convenio de funcións actual. A maiores, a consellaría non resposta a ningunha das alegacións que presentamos os sindicatos nesta reunion.

Lembrámoslles que o ámbito de negociación para as condicións de traballo do persoal laboral da Xunta é o Comite Intercentros, e que a negociación debe ser previa á elaboración de calquera planificación. O director xeral defende o ámbito da Mesa Xeral porque di que no futuro serán funcionarizados/as. É indignante, segue empeñado en restar dereitos antes sequera de que sexan funcionarios e funcionarias. 

En conclusión, como van sacar adiante a atención da diversidade se non contan co persoal que ten que asumila? Van seguir a pretender impoñelo a golpe de decretazo obviando ao persoal?

Na CIG afeamos á Xunta e esixímoslle a retirada destas modificacions de funcións e ratios e a xustificamos con estas alegacións que presentamos na MXEP e que podes consultar aquí.  

Se non atenden a razóns remataremos co conflito no xulgado, será que ao director xeral da Función Publica e a Consellería de Educacion lles sae gratis perder e por iso pasan de todo?