No DOG do 18/05/2021 publican a convocatoria do Fondo de Acción Social (FAS-2020) relativo á axuda para a atención de persoas con discapacidade e os criterios de repartición.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

Os criterios de reparto manteñen a desaparición do FAS que comezou no 2011 coa eliminación de máis de 7 millóns de euros e a limitación a unha única modalidade.

A táboa que vén de seguido reflexa o que tiñamos no 2010 e o que temos agora:

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

2010

2020

 CONTÍA GLOBAL

 9.136.392 € 

 2.000.000 € 

 CONTÍAS MÍNIMAS POR MODALIDADES

Atención á discapacidade 1.300 € 2.160 €
Xubilación 3.500 € 0 €
Fillos/as menores 150 € 0 €
Estudo de fillos/as 90 € 0 €
Estudo do persoal da Xunta 200 € 0 €
Adquisición de vivenda 1.532 € 0 €
Maiores a cargo 200 € 0 €
Gastos sanitarios (tratamentos, próteses) 60 € 0 €
Gastos sanitarios (produtos alimentarios) 60 € 0 €