No DOG do 05/08/2010 publicase a resolución pola que se oferta un curso de cualificación específica para o persoal da Consellería de Traballo e Benestar destinado nas oficinas de emprego, nos servizos de formación e colocación das xefaturas territoriais e na Dirección Xeral de Formación e Colocación.

O obxectivo deste curso é afondar no coñecemento das políticas activas de emprego desenvolvidas polo SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) e dotar ao seu persoal dunha formación específica que lle facilite a competencia e capacitación necesarias para o posterior desempeño da súa actividade profesional.

As súas características son as seguintes:

-Duración: 50 h

-Modalidade: teleformación

-Datas:

  • As dúas primeiras edicións serán dende  20/10/2010 ata o 20/12/2010
  • As dúas segundas edicións dende o 18/01/2011 ata o 18/03/2011

-Prazas: 75 por edición

-Prazo: 20 días naturais( ata o 25/08/2010)