Estamos convocados a unha xuntanza con Amtega para o mércores 30 de xuño, para falar sobre a súa proposta de modificación da RPT. Descargar documentos.

A proposta refírese básicamente aos cambios debidos ao proceso de integración en Amtega do persoal do antigo Cixtec, como continuación da modificación desa mesma RPT dos postos de estrutura do Cixtec.

Pero nunha esquiniña, ao final da documentación, engaden en media páxina a reclasificación dunha serie de postos que cambian de grupo, para dar destino aos compañeiros e compañeiras que superaron a promoción interna das escalas de informática, a quenes lles reclasifican os seus postos. Pero, vai ser destino provisional ou definitivo? Vai ser amortización e creación ou directamente reclasificación de postos con titular, como entendemos? Estamos ante un cambio de regras de xogo cando a partida está case rematada, e levamos moitisimos anos sen concurso de traslados. A cousa non vai ser tan simple, e ata podería rematar nos xulgados.