No DOG do 30/06/2021 publican a ORDE do 24 de xuño de 2021 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do director xeral da Función Pública do 7 de febreiro de 2020.

A partir da publicación desta orde no DOG, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de xullo de 2021.

As consellerías xa enviaron onte ás persoas afectadas, os escritos de extinción voluntaria do contrato como persoal laboral, condicionado á toma de posesión como persoal funcionario. Agora toca agardar a que dende Función Pública validen os trámites que teñen que facer nos distintos servizos de persoal, para que nuns días se proceda ao trámite da toma de posesión (non o temos claro, pero supoñemos que consistirá nunha simple aceptación dentro do Portax para que quede o documento asinado dixitalmente).

Supoñemos que a estas horas xa o tes claro. Pero se non é así, convidámosche a que botes un ollo a esto:

Boletín "funcionarización, tes que decidir". Abrir.

Asemblea informativa por internet. Ir á asemblea