No DOG do mercores 30 de xuño publicase unha nova asistencia técnica da Xunta á empresa Tragsatec para a realización de traballos de informe e control de patrimonio arqueolóxico.

A adxudicación é por 12 meses (dende o 1 de xullo de 2021) e 701.732,64 €, para a realización de traballos de análise e informe de intervencións en bens de interese cultural e catalogados, un traballo que ata o 2018 facían funcionarios/as públicos

Así a propia resolución do DOG define a encomenda co obxecto da “execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento”.

Evidenciase con esta nova encomenda que non é unha situación temporal ou excepcional e que vai ser consolidada a externalización do servizo. Esta encomenda aumenta a duración das anteriores é vai por 12 meses.

Por outra parte na nova proposta de reforma da Relación de Postos de Traballo de Cultura, a Xunta non atende á demanda de creación de prazas de persoal arqueólogo co argumento da falla de fondos do capítulo I.

En definitiva, derivan cara a empresas instrumentais traballo de persoal empregado público que largaron á rúa, mentres gastan más de 2 millóns de euros coa externalización destes servizos.

Para máis, esta encomenda de xestión adxudícana directamente a unha empresa que non é apta para realizar estas tarefas, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., unha filial de TRAGSA que realiza moitas das infraestruturas territoriais que deben ser informadas e controladas por Tragsatec: todo queda na casa. 

Na CIG temos denunciado esta externalización de tarefas propias de persoal funcionario público, e logo da súa admisión a trámite do recurso contra Cultura, o proceso xudicial está en marcha pendente da resposta documental da Xunta.