O mércores 21 de xullo tivo lugar o CSSL de Incendios onde dimos conta das grandes eivas de riscos laborais no SPIF.

ASUNTO

CIG

CONSELLERÍA MEDIO RURAL

Dotación de emisoras TETRA para o persoal vixilante fixo e arranxo das pistas de acceso ás casetas

Solicitamos que se cumpra o plan de acción onde se contempla que se deberá realizar un mantemento periódico e arranxo das pistas de acceso as casetas

Se a administración non arranxa as pistas ou proporciona un vehículo todoterreo verémonos na obriga de denuncialo

Van adquirir 44 emisoras tetra para entregar aos vixilantes, en base o acordo marco

Realizarán unha revisión das pistas e aumentarán a disposición orzamentaria para o arranxo dos accesos

Simulacros de nivel 1 e prácticas de manexo de emisoras.

Solicitamos que a Subdirección de Incendios elabore un plan axeitado e se estandarice a realización de este tipo de simulacros.

Os datos aportados pola Administración en canto o números de simulacros solicitados dende a CIG son dispares en cada provincia

Vacinación do persoal de incendios, e recordatorio da necesidade de cumplir o protocolo Covid.

Reiteramos o abandono do SPIF en canto o protocolo de vacinación coma servizo de emerxencias e servizo esencial.

Solicitamos o mantemento dos protocolos antiCovid, que se dote ao persoal de máscaras FFP2 e fomentar o traballo binomio brigada-motobomba a quendas de 10 horas

 

Ficha de características físicas das garrafas de espumóxeno

Apostamos pola necesidade de establecer plans de formación para o manexo con seguridade deste tipo de sustancias.

Solicitamos a entrega ao persoal de fichas de seguridade destes retardantes así como as recomendacións do seu uso e procedementos de almacenaxe

Que se leve un rexistro das persoas que os empregan e formación axeitada

Entregáronnos a ficha de seguridade do producto e o Servizo de Prevención fixo un balance sobor o emprego destes , indicando que están compostos de tensoactivos aniónicos, de composición moi similar de productos coma os lavalouzas.

O producto concentrado sen diluír provoca irritación ocular grave,polo que é necesario o emprego das gafas que se empregan no servizo

Designación dos membros do subcomité de Epis.

Solicitamos que se constitúa este Comité

Pola Administración os seus integrantes serán o subdirector de incendios ou o xefe de servizo de Programación.

Situación dos medios en alto risco (O persoal en determinadas provincias se está a poñer un puntos altos no monte)

Manifestamos que non ten sentido situar os bombeiros forestais neste tipo de lugares

É preciso dunha vez por todas algo de empatía e respeto hacia o persoal do SPIF

 

Emprego dos bombeiros forestais nas emerxencias de medio rural

Dende a CIG levamos anos e anos loitando polo emprego cando sexa necesario do emprego do SPIF no Apoio en Continxencias no Medio Rural,primeiro polo establecído no RD 1031 /2011,pola consideración do SPIF como Servizo de Emerxencias,no Convenio actual e no propio CNAE

Solicitamos que se incluían aos/as bombeiros/as forestais e demáis categorías para que poidan actuar en Apoio en Contixencias no Medio Rural e Natural

 

Rotativos V1 vehículos de extinción.

Reseñamos a pouca calidade destes equipos

Entregáronse sinais luminosos a todas as brigadas, e vanse realizar cursos de manexo destes

ROGOS E PREGUNTAS

Sopladoras Still.
Utilizadas para a desinfección. Teñen un fallo de fabricación, a empresa púxose en contacto ca Administración para que se leven os sopladores para reparar.

Autorescatadores de osíxeno químico.
Posibilidade de que o contrato quede deserto, xa que é máis que posibél que as empresas non cumpran o prego de garantir 10 minutos de osíxeno químico. Son productos moi específicos e case que non hai moitos modelos no mercado. O presidente do Comité propón baixar nos pregos técnicos o tempo de duracion de 10 a 7 minutos. E unha decisión moi importante para tratar en rogos e preguntas, polo que se solicita que se leve o Subcomité de EPIS

Solicítase o número de prendas que se lle entregaron os axentes ambientais
De non obter está información terremos que denuncialo en vía xudicial.

Deficiencias nos vehículos todoterreo do persoal fixo discontinuo de 6 meses.
Dende a CIG solicitase que se solucionen inmediatamente as deficiencias destes vehículos, rodas inaxeitadas, baca sen topes dianteiros e traseiros, mal selado de caixas traseiras...

Roupa de inverno do SPIF.
Dende a CIG solicitamos información de como está o procedemento da roupa de inverno,e as datas de entrega deste equipamento ao persoal.Dende a Administración indicasenos que sera entregada antes de rematar o ano 2021.

Intercomunicadores para os/as bombeiros/as forestais.
A consecuencia das demandas na Inspección de traballo pola CIG , vanse a entregar intercomunicadores ao persoal bombeiro forestal. Coma non se poden adxudicar a través de un contrato menor e teñen que seguir o procedemento reglamentario.A Administración indícanos que vai axilizar o procedemento.