CCOO e UGT difundiron un panfleto co obxecto de meter o medo no corpo ao persoal funcionario de carreira, no que aseguraban que a sentenza gañada pola CIG tumbaba a carreira profesional. O director xeral de Función Pública xa lles aclarou na Comisión de Persoal do 27 de xullo que iso non é certo.

O propio director xeral asegurou que antes de irnos de vacacións (mediados de agosto) haberá unha reunión e explicarán a súa postura. E asegura que “quen xa estea a cobrar pode estar tranquilo/a, que seguirá cobrando” (o que leva días dicindo a CIG).

De aquí se extraen dúas ideas:

  • A única solución a este problema que creou o acordo sindical ilegal e discriminatorio de CCOO e UGT coa Xunta e a inclusión no sistema de carreira do persoal excluído.
  • A única interlocución válida para resolvelo é co sindicato maioritario, a CIG.

Que CCOO e UGT queden fóra de xogo, que non poidan xustificar por que asinaron ese vergoñento acordo excluínte, e agora que a propia Xunta lles quite a razón, parece o motivo para tratar de sementar o pánico dicindo que imos deixar de cobrar a carreira.

Nós seguiremos traballando para que a bilis que agora botan non empane a realidade. Remataron as bobadas.