E por riba poñen a guinda cunha resolución ampliando o prazo para resolver 6 meses máis.

Pero isto non é un atraso. Chegados a este punto isto significa un recorte de dereitos, do dereito de quen quere mellorar profesionalmente ou do dereito de quen quere trasladarse de posto ou de localidade.

E a ineficacia e indecencia que se desprende da xestión de Función Pública desborda ademais este urxente asunto do concurso de traslados de corpos xerais.

Vense afectados por esta paralización os concursos de moitos corpos especiais e moitas escalas, así como o do persoal laboral.

Esta ineficacia e indecencia é ademais infecciosa. A paralización chega tamén á carreira profesional froito dun acordo declarado ilegal e que non queren resolver incluíndo a todo o persoal. E tamén de xeito consciente ao segundo grao extraordinario que hai un ano o tiñan que ter aberto e non o fixeron de acordo cos seus cómplices para utilizalo agora como chantaxe.

E tamén chega aos procesos selectivos de promoción interna, libre e estabilización, onde se deixan prazas vacantes e se prolongan innecesariamente.

A CIG aportou solucións que non quixeron poñer en marcha

  • Desligar os procesos selectivos do concurso de traslados para que se resolvera xa hai máis dun ano.

  • Incluír a todo o persoal no acordo da carreira profesional para que non se declarase a súa ilegalidade manifesta.

  • Incrementar as prazas de promoción interna e establecer que non poden quedar desertas, así como criterios claros, uniformes e acaidos ao seu fin no resto dos procesos.

  • Trasladar os dereitos do V Convenio de persoal laboral non só aos laborais que se funcionaricen senón ao resto de persoal funcionario.

Pero a Xunta e compañía miraron para outro lado, puxéronse de perfil, e déronlle as costas ao persoal funcionario e ao resto do persoal.

Director xeral, BASTA XA DE PASMONEO E ESPABILA!!

E se non, DIMITE ou que te CESEN!!