Na CIG preocúpanos a falta de certeza das persoas traballadoras da Xunta de Galicia á hora de afrontar os procesos de funcionarización.  Lembrámosche que no decreto de funcionarización non se fai referencia ao mantemento dos dereitos laborais mais sí a obriga da prestación de servizos.

Por iso, elaboramos unha proposta de Acordo marco que recolla as condicións laborais de todo o persoal independemente da súa relación laboral. Con este documento pretendemos activar á Xunta e obrigala a negociar as condicións específicas dos nosos centros de traballo e así evitar que se perdan dereitos ao tempo que melloramos e definimos outros para todas e todos.

Ademáis, somos conscientes das condicións específicas de traballo do persoal do servizo de incendios, polo que presentamos tamén un anexo complementario de dereitos cun novo modelo de organización máis efectivo.

Pero esta non é unha proposta pechada. Para mellorala e afrontar esta loita contamos coa túa participación e por iso estamos a visitar os centros de traballo e convocamos unha asamblea telemática na que debater e discutir o acordo.

Participa na Asamblea do 31 de marzo ás 18:00 h. - Preme aqui.

Xuntámosche os textos dos acordos: Acordo marco xeralAnexo de incendios.