De entrada percibimos erros e faltas, como os postos do Consorcio, Illas Atlánticas, Educación, etc. Aos listados provisionais engaden outros que poden excluír prazas dos primeiros.

A Xunta convocounos para este venres co fin de explicar este galimatías. Agardamos ter canto antes uns listados en condicións para presentar achegas.

Función Pública non autoriza a difusión e advirte que: “trátase de documentos de traballo que conteñen información de detalle sobre os servizos públicos autonómicos e os empregados públicos que prestan servicio neles, por esta razón, prégase destinar esta información exclusivamente aos fins de consulta e alegacións solicitados e evitar a súa difusión fóra dos canais que a Xunta de Galicia pon a disposición das organizacións sindicais para exercicio das súas funcións”.

ISTO É TAL CUAL O QUE ENVÍAN DENDE FUNCIÓN PÚBLICA


Buzón 1 

  • Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión con anterioridade ao 01/01/2016 (<01/01/2016).

    Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.

    Total 4098 postos

Buzón 2

  • Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión entre os anos 2016 e 2017: (>=01/01/2016<01/01/2018).

    Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.

    Total 206 postos

Buzón 3

  • Inclúe aqueles postos ocupados por persoal indefinido non fixo que polas súas características especiais non están incluídos nos buzóns 1 e 2.

    Total 50 postos

Nota (*). Ininterrompidamente:  A estes efectos de documentos de traballo entenderáse ata un máximo de 3 meses sen ocupación.

Entes instrumentais:

Achéganse dous arquivos excel:

  • Un arquivo relativo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (inexistente)
  • Outro arquivo relativo aos restantes entes instrumentaisfundamentalmente sociedades e fundacións. Non se inclúen postos de Expoourense, Fundación Semana Verde de Galicia, Fundación Pública Artesanía de Galicia e Xesgalicia por comunicar que non teñen postos que incluír.
     

E a efectos informativos achégase outro arquivo excel que recolle as prazas convocadas e que polo tanto non poden formar parte desta oferta extraordinaria (986 prazas)

Criterios comúns empregados na elaboración dos distintos buzóns de postos:

  • Teñen que estar ocupados: a data do 30/12/2021
  • Son postos con forma de provisión: Concurso e Concurso específico.
  • Postos das relacións de postos de traballo (RPT)
  • Postos vacantes, ocupados por persoal interino, temporal ou indefinido (SAI01.- SERVICIO ACTIVO DE INTERINOS, SAI02.- SERVICIO ACTIVO LABORAL TEMPORAL, SAI03, SAI04,  SAI05, SADI1, SADI2.- SERV.ACTIVO LABORAL INDEFINIDO NON FIXO).
  • Recolle os postos da disposición transitoria décima 1ª e 2ª parte do V Convenio Colectivo