O venres 29 de abril tivemos unha reunión informativa co director xeral de Función Pública. O que nos conta ao respecto do concurso de corpos xerais e a toma de posesión definitiva das persoas de corpos xerais que están en provisional é o seguinte:

SOBRE A ELECCIÓN DE DESTINO DEFINITIVO DE CORPOS XERAIS

  • A1: deciden incluír as vacantes de nivel 20 de toda a Comunidade que non pasaron polo concurso de traslados.
  • A2: non chegan as vacantes puras (aquelas non ocupadas por persoal interino) así que ofertarán vacantes cubertas temporalmente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
  • C1 e C2: só incluirán vacantes puras.
  • As tomas de posesión serán en paralelo coas do concurso.
  • A partir da semana que ven sairán as resolucións para elixir destino.
  • Ao longo do mes de maio enviarán o listado de postos.
  • As persoas en provisional xa coñecerán cal é o seu destino na terceira semana de maio.
  • Na última semana de maio, ao redor do 30/31 ou 1 de xuño comezará o prazo de toma de posesión.

CONCURSO DE TRASLADOS

Arredor do 20 de maio publicarán a resolución co prazo da toma de posesión do concurso, coa idea de que o 30-31 de maio ou 1 de xuño comece o prazo para a toma de posesión.