A nosa patronal ven de enviarnos un borrador de anteproxecto de decreto no que quere regular a flexibilidade horaria por conciliación familiar no ámbito do sector público.

A norma virá a substituír a normativa anterior e estabelece novidades e marcos normativos transitorio. Regulará o relativo á flexibilidade horaria por razón de conciliación e as condicións de concesión e, por tanto, o marco horario de referencia e a compensación horaria dentro do horario flexíbel así como os supostos e requisitos necesarios para acollerse a esta normativa e tamén estabelecerá a solicitude e procedemento para facelo.

Como novidade estabelecerá unha bolsa de horas de ata un 5% da xornada anual que terá carácter recuperábel.

Función Pública indicou que ten intención de levalo á próxima comisión de persoal e, ata entón, pódense facer alegacións. Se queres que levemos a túa voz á mesa de negociación podes poñerte en contacto coa CIG a través deste formulario.

O texto completo do borrador de anteproxecto de decreto no que quere regular a flexibilidade horaria por conciliación familiar no ámbito do sector público podes descargalo premendo nesta ligazón.