Función Pública envía ás organizacións sindicais un borrador para unha nova carreira profesional. O texto é de traca: cambia de nome á carreira profesional por carreira administrativa, para así xustificar esta nova proposta na que modifica os tramos do sistema extraordinario de carreira coméndose o 2021 para os grupos C1, C2 e AP; segue a excluír a metade do persoal na Xunta; e perpetúa a diferencia salarial entre os grupos baixos e altos.

O que destacamos:

  • Os grupos C1, C2 e AP perderían un ano enteiro de grao II anticipado a pesar de que estaba orzamentado para o 2021 e non o aplicaron porque non lles deu a gana (incumpriron o que pactaron incluso cando non había sentenza algunha).

  • Deixa fora ao persoal laboral (fixo e temporal) aínda que ten dereito a carreira porque así o sentenciou a xustiza. Fan así porque queren manter a carreira como chantaxe para obrigarlles a funcionarizarse.

  • Mantén as contías para cada grupo cunha diferencia de máis de tres veces entre o grupo A1 e a Agrupación Profesional.

  • Inventan unha nova denominación non prevista nin na LEPG nin no TREBEP: o de carreira administrativa (que substitúe ao de carreira profesional) para xustificar este novo acordo.

  • Ameaza con alongar as anualidades e/ou as porcentaxes de pagamento si se amplía o ámbito subxectivo.

  • É de risa, consolida o que xa tiñamos consolidado: o grao I extraordinario.

  • Non se compromete a publicar o futuro acordo nunha orde para que non se paralice por caprichos do director xeral así pode seguir chantaxear con este complemento salarial.

  • Volve a deixar os futuros pagamentos “en función das dispoñibilidades orzamentarias”

Na CIG imos alegar este novo Acordo pero xa adiantamos que é inaceptable.