No DOG do 01/12/2022 publican:

- ORDE do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario.

- ORDE do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Os empregados públicos poderán acceder o formulario de solicitude a través do portal web da función pública desde a sección <Funcionarización e carreira profesional> https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional ou no enderezo http://fides.xunta.gal

Na páxina web de función pública, https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional, haberá á disposición dos/das empregados/as públicos documentación de axuda con instrucións sobre o acceso e o proceso de solicitude de carreira administrativa e complemento de desempeño.

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e será de 15 días hábiles.