O 19 de xaneiro de 2023 Función Pública colga a resolución para o acto de elección de destino do corpo auxiliar. Estamos a falar de procesos convocados no 2019 e principios do 2020. Algo máis de 3 anos para resolver un proceso e aínda non rematou!

No caso da promoción interna, levan esperando dende xuño do 2022 no que saíu o listado de persoas aprobadas. E a maiores da dilación inxustificable do proceso os postos para ofrecerlles en destino provisional son 339 para 332 aspirantes (13 de promoción interna e 319 de acceso libre). Así que isto vai ir moi xusto para todo o mundo.

O día 20 deste mes tamén se publicou no DOG o acto de elección de destino dos titulados de grao medio, categoría 007 do grupo II.

 

Pero... e o resto de corpos, escalas e categorías?

Pois hai que lembrar que seguen estancados pola ineptitude de Función Pública moitos outros procesos, algún deles cun número de aspirantes considerable, como por exemplo os 205 aspirantes que superaron o proceso de subalternos.

O 28 de novembro de 2022 publicouse no DOG a relación daqueles que superaron o proceso selectivo que se convocou en marzo de 2019. Hai case 4 anos!! e seguen á espera de que o director xeral reaccione a estímulos. Moitas destas persoas están no paro esperando a traballar despois de superar unha dura oposición.

O mesmo sucede co proceso de ordenanzas do grupo V, con varias especialidades de incendios forestais, Bioloxía,etc.

E tamén se falamos das escalas da OEP Social temos o caso de Enfermería, Auxiliar de enfermería, Educadores, Traballo Social e Psicoloxía onde aínda están na fase de baremación provisional da fase de concurso; e Medicina, Fisioterapia e Terapia Ocupacional, onde xa saíu o listado de aprobados e seguen á espera de destino. E todos son procesos convocados no 2019.

É un escándalo maiúsculo que segan mantendo despois de 13 anos un director xeral que demostra unha xestión MOI ineficaz.

Dende a CIG esiximos QUE SE RESOLVAN XA OS PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES!!