Resumo da xuntanza do 9 de febreiro de 2023, para falar da nova aplicación na que está traballando a DX de Produción e Ordenación Forestal.

  • E unha ferramenta que realizará unha foto cada 5 días a través do satélite Sentinel.
  • Iniciouse no ano 2020. Esta aplicación dá problemas cando teñan néboas, cultivos e rozas.
  • O Distrito de Lugo-Sarria foi o piloto onde se colleron 10.000 has de proba. Inicialmente a ferramenta daba falsos positivos (cando detecta que se realizou unha corta cando non se realizou na realidade).
  • A empresa contratada por Antega e Forest tecnologi.
  • Sentinel saca fotos cunha resolución e píxel de 10x10. No 2024 lanzarase un novo satélite que mide alturas.
  • A aplicación utiliza un algoritmo que detecta un aviso de corta. Tomarase en conta a partir do cuarto aviso, para evitar néboas, chuvias ou tratamentos silvícolas. No momento en que chegue ao cuarto aviso chegará unha notificación ao Corpri, posto que esta ferramenta estará integrada no Corpri. Se non hai corta debido a rozas, tratamentos ou outros.
  • Se sobre o terreo se observa que hai un cambio sobre o terreo procederase a tramitar o expediente sancionador, cun modelo de acta único
  • CIG pregunta que pasa co modelo de acta que se presentou fai máis de un ano e non se sabe que pasou con el. Dende a Administración contestan que o problema é de Amtega.
  • A ferramenta non mandará avisos en superficies inferiores a 500 m.

CIG solicita formación previa para todos os traballadores e traballadoras, e critica a pouca formación que se está a dar ao persoal. A Administración informa que para a semana iniciarase a formación de unha hora de teleformación (consideramos que e escasa).