Despois de varios anos sen convocar ningunha edición destes cursos tan demandados polo persoal funcionario da Administración autonómica, o 03/12/2010 sae publicado no DOG a convocatoria de 2 edicións dos cursos de perfeccionamento de xefatura de negociado (destinados aos grupos A2, C1 e C2) e outras 2 do de xefatura de sección (destinadas aos grupos A1, A2 e C1) Cada unha destas edicións consta dun todal de 45 prazas e desenvolveranse de xeito mixto (presencial nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela / teleformación). As edicións do curso de perfeccionamento de xefatura de negociado van dende xaneiro ata abril (80h; 20h presenciais) e as de xefatura de sección de xaneiro ata maio (120h; 45h presenciais).

As solicitudes fanse directamente a través da plataforma da EGAP no seguinte enderezo web. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de decembro de 2010 ás 14.00h. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 46 ou 981 54 62 54, ou fax: 981 54 63 39 ou enderezo de correo electrónico.