O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 16 de maio, para aprobar a modificación da relación de postos de traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta e a súa clasificación en diferentes escalas/especialidades (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba, emisorista-vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal, e corpo auxiliar de administración xeral).

Se é do teu interese, podes descargala nesta ligazón. Para achegarnos o que consideres, podes contactar coa CIG.