A Dirección Xeral de Función Pública remitiu aos sindicatos unha nova versión do "Acordo de Farmacéuticos/as Inspectores/as de Saúde Pública". Aceptaron varias alegacións sindicais sobre o primeiro borrador (que eran erros de bulto). Temos novo período para alegar este segundo texto, ata o 24 de maio, e esperemos ter ao menos unha mesa de negociación coa consellaría de Sanidade e con Función Pública para discutir todos os artigos en conflicto baixo os principios de boa fe negocial xa que ata agora non o tivemos. 

Se queres aportar algo, podes contactar coa CIG.