Nova oferta de comisións de servizo e chamamentos polas listas de contratación para a cobertura de prazas no Servizo de Incendios (SPIF)

Nestes días estamos a vivir un novo episodio do caos que se está a producir co proceso de funcionarización do SPIF. Dende a Consellería de Medio Rural enviáronos unhas listaxes con prazas para a súa cobertura mediante comisión de servizos e por chamamentos polas listas de contratación.

Son múltiples as chamadas que estamos a recibir con dúbidas sobre a situación na que queda moito persoal que non sabe a día de hoxe se vai cesar ou non. Dende a CIG levamos tempo advertindo que facer un proceso de funcionarización sen orde, sen procesos selectivos resoltos, sen concurso de traslados en tempo e forma e sen condicións de traballo negociadas previamente trae consigo un proceso de funcionarización lesivo e chapuceiro. Pois aquí temos as consecuencias.

A todo isto engadimos que vaise resolver este proceso de funcionarización ás portas do inicio da campaña de lumes e coa letra pequena sen publicar no DOG a día de hoxe. O dito, un CAOS.

Para calquera dúbida consulta coa CIG.

Aquí podes acceder á información das prazas ofertadas: ligazón. Son prazas de 12 meses, e que dende o 1 de xuño serán prazas de persoal funcionario.