No DOG do venres, 14 de Xaneiro, fíxose pública a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega asi como cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA), a realizar nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI).

Os cursos de linguaxe administrativa galega van dirixídos ao persoal das diferentes Administracións Públicas galegas. No tocante aos cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, van dirixídos a persoas maiores de 16 anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen certificar a súa competencia en lingua galega.

A novidade para esta convocatoria, no tocante os cursos de linguaxe administrativa, é que a asingación de prazas será por rigoroso sorteo. Deste xeito, rematase por fin, e despois da denuncia da CIG-Autonómica, cos líos e as colas caracterísiticas destas convocatorias nas EOIs.

Aqueles cursos que se impartan a partires do mes de marzo, o prazo para presentación de solicitudes é de vinte (20) días naturais, rematando o día 3 de Febreiro. Por contra, aqueloutros que se celebren na quenda de Outubro, o prazo é do 1 ao 20 de Setembro de 2011.

Consulta a convocatoria (datas e lugares no Anexo II)