CIG-Autonómica pon en marcha unha nova canle de WhatsApp para enviar información ás persoas que desexen recibila. Se queres subscribirte, ou tan só botar un ollo, preme na seguinte ligazón:

https://whatsapp.com/channel/0029Va9FPqXEKyZKmeeiU93Q

Esta canle substituirá ás actuais listas de difusión que estamos a empregar para distribuír información.

As canles están na lapela “novidades”. Aí terás a nosa canle da CIG-Autonómmica e as mensaxes que enviamos. Se non ves a lapela de novidades, pode ser que esteas a empregar unha versión desactualizada de WhatsApp. Nese caso é necesario que actualices a aplicación.

 

Cando te subscribes a unha canle, por defecto vas ter desactivadas as notificacións. Isto é, que non recibirás aviso cada vez que entre unha mensaxe. Se queres recibir aviso da chegada dunha mensaxe, terás que activar as notificacións da canle.