Tres empresas-fundacións preséntanse á licitación da residencias de maiores doadas pola fundación Amancio Ortega

A conselleira de Política Social xustifica a licitación dos servizos das residencias a mans privadas porque van ser xestionadas por “fundacións sen ánimo de lucro” Así o expresou ante a opinión pública.

A definición das fundacións é que son entidades sen ánimo de lucro, pero moitas delas perderon no camiño (ou na orixe) a parte de “sen ánimo de lucro”

Segundo o Rexistro de economistas e asesores fiscais, Facenda ten moi difícil controlar se as fundacións destinan ou non o 70% dos seus beneficios a fins sociais. Os patronos das fundacións non poden cobrar por xestionalas nin teñen acceso ao capital, pero ninguén lles impide prestar un servizo diferente da xestión e poñerse salarios moi grosos por facelo.

As tres fundacións que optan ao concurso para facerse co servizo son: FESAN, Fundación Gerón e Fundación Valdegodos

Estas fundacións adícanse á prestación de servizos. No caso da FESAN, que o fai tanto en formación como en servizos sociais e en todo o que se lles encomende dende a Xunta, sábese que está vinculada ao Opus Dei e ao PP.

A Xunta non gastou un peso en construír estas residencias, amoblalas e dotalas de materias, pero se permite regalalas ao sector privado e darlles cartos para xestionalas, beneficio empresarial incluído. Porque si, as Fundacións teñen beneficios.

Convén ter presente, para que non se repita, o que sucedeu nas residencias privadas durante a pandemia e comparar cos datos da xestión pública. O 94,3% das mortes nas residencias galegas nos primeiros 9 meses foi en centros de xestión privada. Dos 509 falecementos, 480 eran usuarios/as de centros a cargo de entidades privadas, incluídas as públicas con xestión privada, mentres que os restantes 29 falecidos/as (5,7%) foron nas residencias públicas de xestión pública.

Xa o di unha vella cantiga: “pa temporada que vén, temos que cambiar de xente”. Xa vemos por que camiño nos leva esta que temos.