Na Comisión de Persoal do 22/12/2023 foi aprobada co voto favorable das catro organizacións sindicais a modificación da RPT de Política Social e Xuventude para transformar en xornada completa 139 postos e crear 129 novos e así dar cumprimento ao disposto no Acordo de condicións de traballo do persoal de centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude co compromiso explícito de rematar coa RPT do Consorcio e incluír as prazas de nova creación necesarias para cumprir coas compensacións e as 35 horas semanais.