Como consecuencia da modificación substancial das condicións de traballo realizada no mes de setembro, do persoal que ocupaba postos de 9 meses foi necesario facer unha modificación do importe aboado aos traballadores/as en concepto de trienios.

A regularización consistiu no seguinte:

• O persoal que tiña trienios perfeccionados ao 75% e ocupaba un posto de 9 meses de traballo cobraba o 75% do importe anual dos trienios.

• Coa aceptación da modificación substancial e pasar a traballar 12 meses o importe anual dos trienios ratease entre as 12 mensualidades.

• No ano 2023 o persoal aceptou a modificación substancial o día 30 de setembro, o que supuxo que este ano xa cobraran o importe total por este concepto. Debido a problema de xestión da nómina, nos meses de outubro e novembro aboóuselle en concepto de trienios o importe dos trienios perfeccionados ao 75%, cando non tiña dereito a este pago.

• Os importes importes aboados de exceso regularizáronse xunto coa nómina do mes de decembro.

• No ano 2024 e seguintes o persoal pasará a cobrar o 75% do importe anual dos trienios rateados entre os 12 meses de prestación de servizos.

• A regularización afectoulle a un total de 542 traballadores/as.

A CIG SOLICITA

o recoñecemento dos trienios nun porcentaxe do 100 %, co importe que corresponde por cada trienio durante os meses de prestación de servizos, posto que a retribución dos trienios non pode ser inferior a dun traballador/a a tempo completo, pois suporía unha penalización por traballar de maneira descontinua.