Ante o retraso na entrega dos patróns de carteleiras aos Comités de Empresa, para o seu estudo e alegacións, as 4 organizacións sindicais asinantes do Acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude, vimos de solicitar á Dirección Xeral da Función Pública a convocatoria urxente da Comisión de seguimento, co fin de tratar as seguintes cuestións:

  • Carteleiras para o ano 2024.
  • Asuntos particulares dos días 24 e 31 de decembro de 2023.
  • Noite de domingo ou festivo.
  • Convocatorias das subcomisións.

Entendemos que a convocatoria da Comisión é urxente, xa que a data de 15 de xaneiro non están presentadas as centrais sindicais practicamente ningunha proposta de carteleira nas Xefaturas territoriais, é máis, están a manifestarnos que primeiro teñen que ser remitidas a Comisión de seguimento en Compostela, o que vai a provocar, na práctica, que ditas carteleiras non entren en vigor o 01.02.2024, incumprindo, de novo, o Acordo.