A Consellería do Medio Rural puxo enriba da mesa un novo borrador de Acordo que recolle varias alegacións da CIG pero deixa atrás o fundamental

No ámbito de aplicación non nos recolle a todas/os e as funcións non veñen definidas. Segundo figura no borrador, só afectaría ao personal funcionario e deixaria fóra a todo o persoal laboral.

Como sabes, a posibilidade de ter un bo Acordo de condicións de traballo con dereitos laborais depende da nosa capacidade de mobilización. Outras organizacións sindicais xa o venderon como asinado, e iso que nin sequera entrou nunha mesa de negociación formal.

O borrador da Administración que temos a día de hoxe ten moitas eivas e exclúe a máis da metade do persoal do SPIF. E xa sabemos que, se nos dividen, perdemos a forza que temos como colectivo unido. Con isto que pretenden estaremos facendo o mesmo traballo cunhas condicións laborais e salariais diferentes.

Non é a primeira vez que sucede, que haxa quen lle dé ás costas ao persoal pactando en despachos, fomentando o corporativismo mal entendido e situándonos dentro dunha carreira de clases.

De momento o dito Acordo é fume, non poden executalo se non vai á Mesa Xeral de negociación. Non chega cun anuncio do “Presidente en funcións”. Tanto para mudar as condicións e ampliar o contrato do persoal de 6 meses como para facer un Acordo válido de condicións laborais teñen que negocialo nas mesas con todos os axentes sociais que representamos ao persoal. E non o decimos nós, o di a Constitución e o din as nosas leis, o Estatuto dos Traballadores/as, o Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de emprego público de Galiza.

Por todo iso e para a analizar os acontecementos e a última proposta de Acordo da Administración polo miúdo e ter unha posición máis clara, convidámosche a unha ASEMBLEA TELEMÁTICA URXENTE DE PERSOAL DO SPIF este martes 6 ás 16:00 horas.

Sabes que a mobilización é o camiño do éxito e, grazas a mobilizarnos conseguimos ter negociación coa Consellería e logramos no pasado os nosos Convenios, forzamos a ampliación o tempo de traballo a 6 meses e seguimos... en definitiva a loita é o único camiño para termos DEREITOS LABORAIS.

Por iso anunciamos a seguinte CONCENTRACIÓN do calendario de mobilizacións polos dereitos laborais do persoal do SPIF. Acude este xoves 8 de febreiro, diante da Consellería do Medio Rural, ás 10:30 horas.

Sairán autobuses de todas as comarcas, organízate e loita coa CIG.

Por un servizo público integral e con dereitos laborais para todos, AVANTE!

ASAMBLEA -MARTES 6 DE FEBREIRO
Achéganse os datos de acceso:

XUNTANZA SPIF - 06/02/24

https://forga.my.webex.com/forga.my/j.php?MTID=m13b0fcbae75b5aad5d5b86ec02f0cb34

Martes, 6 de febreiro de 2024 ás 16:00 horas

Número de reunión: 2377 691 7075
Contraseña: 2A2Cx