O día 18 de xuño dende a CIG presentamos unha solicitude de xuntanza coa Consellería do Mar en relación a varios asuntos pendentes e que requiren una axeitada solución, que pasa porque a consellería actúe.

As catro cuestións básicas que se deben atender, habendo máis que tratar, son:

1. Instar a implantación dos coeficientes redutores do persoal do servizo de Gardacostas.

2. Revisión do acordo de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas …

3. Adaptación do encadramento das escalas do persoal gardacostas.

4. Cobertura de baixas e vacantes no Servizo de Gardacostas.

Hoxe día 20 a consellería atende a nosa solicitude e vén de convocarnos para o día 26 de xuño á Comisión de Seguimento da Orde de 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas  e permisos de compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza