No DOG do 09/06/2025 publican a ORDE do 27 de maio de 2025 pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia da Calidade Alimentaria de Galiza procedente do suprimido Instituto Galego da Calidade Alimentaria (código de procedemento AP100A).

Poderá exercer a opción para integrarse como persoal laboral da Xunta de Galica o pezsoal laboral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria procedente do Instituto Galego da Calidade Alimentaria que reúna os seguintes requisitos:

a) Ter un contrato laboral fixo co Instituto Galego da Calidade Alimentaria, formalizado tras un proceso de selección realizado baixo os principios constitucionais de publicidade, mérito e capacidade, de conformidade co previsto na normativa vixente no momento da súa incorporación.

b) Ter a titulación establecida no anexo II e cumprir os requisitos exixidos para o acceso ao grupo e á categoría de homologación do V Convenio colectivo único da Xunta de Galiza.

c) Estar en situación de servizo activo ou en situación que orixine dereito á reserva de praza ou posto.

A solicitude de integración dirixirase á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galiza, segundo o modelo de solicitude que se xunta no anexo I. 2.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiza https://sede. xunta.gal