Fartas xa desta Adminstración Pública que mingunea ao persoal que traballa nas cociñas de xestión da Xunta de Galiza e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á movilización que terá lugar o vindeiro día luns 30 de xuño ás 11 horas que partirá dende diante da Consellaría de Educación nos edificios administrativos de San Caetano, rúa Otero Pedraio, Compostela. 

  • Pola negociación dun Acordo de condicións de traballo, que recupere e mellore os dereitos do V Convenio, para todo o persoal non docente, da administración e servizos dos centros de ensino (PAS)
  • Polo encadre das escalas segundo a titulación requirida para o acceso como laborais de acordo coa LEPG e o EBEP. 
  • Pola eliminación da Agrupación Profesional e a promoción ao C2
  • Pola separación das escalas de axudante de cociña e camareira-limpadora
  • Por unha estrutura profesional nas cociñas, oficiais de 1º (xefes/as cociña-B), oficiais de 2º (C1) e axudantes (C2). 
  • Esiximos a negociación de ratios para o persoal non docente, subalterno e limpador, que hoxe na pública, xa superan aos da privada. 
  • Pola negociación das funcións de todo o persoal non docente dos centros de ensino públicos e parar así os abusos que sofren. 
  • Pola recuperación salarial, rebaixada tras a funcionarización

Para asistir á manifestación do 30 de xuño estamos a organizar autobuses dende as diferentes comarcas: se queres vir con nós contacta coa CIG: