O xerente non xestiona e a xerenta adxunta para escolas infantís non resolve pero ameaza
O 6 de marzo de 2025, o persoal do Consorcio pasou a ser persoal da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza. Nas nosas nóminas xa non aparece o NIF do Consorcio. Pero é o único cambio que se percibe porque a xestión por parte do Consorcio segue a ser nefasta e seguimos a sufrila.
O contactar co Consorcio nunca foi doado pero, dende hai uns meses, é misión imposíbel. O departamento de persoal, con poucos efectivos para o volume de traballo e persoal que ten que xestionar, non está para as traballadoras e traballadores nin para as persoas delegadas.
Os principais problemas de xestión co que se atopa o persoal traballador son:
1. Non contestan coas Resolucións pertinentes á solicitude de permisos parentáis ou á solicitude de mes sen salario para atender á conciliación (pedidos dende maio e que terían que ter comezado no día de onte)
2. Cando se lles dí que o sentido do silencio administrativo sobre os permisos de conciliación é positivo (incluso llo indican dende a Consellaría de Política Social), ameazan con expedientar ao persoal se fai uso do dereito.
3. Dende a Xerencia Adxunta para Escolas Infantís, chámase por teléfono ás direccións dos centros con ameazas de expedientar ao persoal que exerza o seu dereito e indicándolles que son as propias direccións as que teñen que denegar e trasladar a ameaza ao persoal. Estas indicacións, a falta das Resolucións que ten que emitir a Xerencia, non se lle dan ás directoras/es por escrito, senón vía telefónica e con faltas de respecto, berros e insultos.
4. Non cobren as ausencias por IT, vacacións e outros permisos en moitos centros o que obriga a modificar horarios do persoal para apertura e peche dos centros, co que condena ás traballadoras a non poder conciliar a súa vida laboral e familiar en pleno mes de xullo (coas fillas e fillos de vacacións escolares). Da mala xestión, falta de transparencia das listas de substitución e incumprimento das propias normas das que se dotaron, mellor nin falar...
5. Tampouco contestan á solicitude de medidas polo incumprimento da Lei de Prevención deRiscos Laborais en materia de prevención, por mor da vaga de calor extremo que afecta a moitos centros que carecen de sistemas de climatización (que non só afecta aos cadros de persoal senón a persoas usuarias vulnerables, como crianzas e maiores)
Como é posible que se manteñan nos seus cargos a persoas que, manifestamente, demostraron a súa incompetencia e falta de respecto polo persoal?