Prezada compañeira, prezado compañeiro:

Fartas xa desta Adminstración Pública que ningunea e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á concentración que terá lugar o vindeiro día mércores 1 de outubro ás 19 horas diante das xefaturas territoriais de educación.

Podes descargar a táboa reivindicativa que fomos traballando con todas e todos vos e que lles imos propoñer á Administración como punto de partida en prol de acadar un acordo para todo o persoal non docente dos centros de ensino públicos de Galiza .

Por un acordo para todo o persoal non docente!

Fronte á desprofesionalización das escalas de cociña na Lei de Emprego Público!