Na xuntanza tida o pasado 22 de setembro coa Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático tratáronse os seguintes puntos na orde do día:
1. Proposta de modificación do Acordo de condicións de traballo das escalas de Axentes.
Na reunión celebrada o 9 de Agosto, pedírase que as reunións foran conxuntas, para tratar un único acordo de condicións para todas e todos. Pero nesta reunión, igual que na do día 17 na que só acudiu a Consellaría de Medio Rural, acude só a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Entendemos que é necesario revisar:
- O Acordo de condicións de traballo para que se poidan facer noites na CMACC, moi necesarias para defender o patrimonio natural.
- Plan formativo negociado: recoñecen a importancia da formación e din que estudarán como facer para que de forma recíproca se habilite para toda a escala independentemente da consellería á que pertenzan (coa preferencia da consellería propia).
- Axudar en emerxencias como nesta vaga de lumes: a Administración recoñece a gran labor dos Axentes da CMACC na vaga de lumes e aceptan un protocolo claro de actuación e, nestes casos, dotar de EPIs e de emisoras compatibles (con isto loitariamos para entrar na Lei de emerxencias e ter centraliña de avisos e non andar a golpes de whatsapp para os comunicados).
- É necesario que se retribúan as gardas de fin de semana e festivos en período ordinario.
- Quedou aclarado que se poden solicitar vacacións e día de asuntos persoais (AP) por días hábiles (as vacacións son por días de quenda, é dicir, que se nunha semana só traballas 3 días só se piden eses 3 días).
A Secretaria Xeral Técnica da CMACC, di que toma nota e vai proceder a estudar as propostas, incluso se as reunións son conxuntas ou as convocan de xeito independente. Dende as OOSS insistimos en que a negociación debe ser conxunta para garantir a igualdade de condicións. Din que en breve nos volveran a convocar.
2. Creación dun grupo de traballo para a determinación das funcións dos Axentes no ámbito da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático para o novo regulamento da escala.
A Administración incumpriu varios acordos anteriores onde se comprometía a negociar un novo Regulamento de funcións. Levamos máis de 20 anos sen el. Solicitamos que tomen como documentos de partida a Lei 4/24 Básica de Axentes Forestais e Medioambientais e o borrador conxunto do Regulamento presentado polas OOSS no ano 2017 e que a Administración cree grupos de traballo serios e con vontade de avanzar. A CMACC tampouco se comprometeu a nada, "só toman nota e di que nos convocarán en breve para unha nova reunión". Insistimos en que as negociacións deben ser conxuntas para toda a escala, incluíndo á Consellería de Industria na que hai 4 Axentes Ambientais neste momento.
3. Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT)
- Non aceptaremos de ningún xeito ter niveis diferentes aos da CMR. Se non na CMACC xamais imos a cubrir os postos. Medio Ambiente non pode quedar con peores condicións, pois o traballo xa é duro dabondo.
- Incidimos en que é necesario que as prazas estén barradas C1/B e a Administración non pode seguir cubrindo prazas en comisións de servizo dende a escala extinta do C2.
Rogos e preguntas.
- Protestamos pola ilegalidade da activación do último período de gardas nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra e solicitamos que se active o período extraordinario para a vixilancia da caza.
- A CMACC infórmanos de que as prazas da UICON sairán publicadas o mércores día 24 para a súa cobertura en comisión de servizo.
- APUNTAMENTO CONCURSO DE TRASLADOS AXENTES AMBIENTAIS: Na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que tivo lugar hoxe a Directora Xeral de Emprego Público di que xa está case listo o baremo provisional e que se publicará no mes de outubro, xustificou a tardanza polos cambios de nivel e grupo o que di que dificultou a baremación.
Para a CIG foi unha reunión con poucos avances e nivel de compromiso moi baixo por parte da Administración. Quedamos pendentes das próximas convocatorias que de non ter avances teremos que pensar en tomar as medidas de presión necesarias para que se senten a falar.