O día 04/11/2026 presentamos a nosa proposta de emendas aos grupos parlamentares.

Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito á promoción profesional ou a garantía salarial, parecen cada vez máis asentados noutros ámbitos laborais e noutras administracións, máis non están en moitos casos garantidos para nós.

Recuperar eses dereitos perdidos, desenvolver os novos, e establecer un marco que os garanta, é algo fundamental para a CIG. De aí, que lles achegáramos aos grupos parlamentares as nosas alegacións a dúas leis que son de grande importancia para nós e que normalmente modifican outras normas que nos afectan enormemente.

Enumerámos aquí as principais alegacións presentadas:

  • Xornada ordinaria de 35 horas semanais.
  • Concurso de traslados permanente.
  • Comisións de servizo noutros corpos ou escalas.
  • Recuperación dos 9 días de asuntos particulares.
  • Complemento transitorio do soldo base e trienios das pagas extraordinarias.
  • Complemento de antigüidade para a homologación dos trienios.
  • Derrogación da Lei de medidas temporais do 2012: restituír o Fondo de Acción Social, os días de asuntos propios e os artigos do V Convenio Colectivo do persoal laboral.
  • Carreira profesional aberta, xusta, equilibrada e que restaure dereitos á quen llos negou.
  • Promocións internas por concurso de méritos sen límite de prazas.

E ademáis:

  • Recuperar o galego nos procedementos de acceso ao emprego público.
  • Grupo B: eliminación da suspensión recollida na LEPG.
  • Encadramento da escala técnica de recursos naturais e forestais no grupo B.
  • Creación da escala superior de cociña e dunha estrutura profesional.
  • Adaptación e encadramento de varias escalas á estrutura de subgrupos segundo nivel de titulación requirida esixida polo EBEP.
  • Reconversión da agrupación profesional na administración pública galega.
  • Proposta de modificación da Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galiza.
  • Proposta de eliminación do derradeiro parágrafo do artigo 21 do anteproxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galiza
  • para o ano 2026 (en materia de persoal).
  • Retribucións de complementos salariais nas pagas extraordinarias das quendas, nocturnidades, gardas e traballo nos domingos e festivos.
  • Supresión da limitación nas contratacións de persoal substituto e interino.
  • Actos de elección de destino e destinos definitivos.
  • Modificación do artigo 121 da LEPG. Permiso por nacemento para a nai biolóxica.
  • Modificación do artigo 122 da LEPG. Permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.
  • Modificación do artigo 124 da LEPG. Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica.
  • Modificación do artigo 124 bis da LEPG. Permiso parental para o coidado de fillo, filla ou menor acollido/a.
  • Eliminación da proposta de suspensión para o encadramento efectivo da escala operativa de gardacostas no grupo B.
  • Eliminación da esixencia do título de mestrado para a escala superior de sistemas e tecnoloxía da información mentres non se aborde para a totalidade de escalas do subgrupo A1.
  • Alegacións a creación da escala de técnico/a especialista en tecnoloxías e sistemas de información.
  • Réxime transitorio dos destinos provisionais actuais mentres non se dan os definitivos.
  • Non á exención do requisito do CELGA en determinadas escalas.
  • O persoal en libre designación en postos directivos non pode ter reservado o posto obtido por concurso.
  • Uso non sexista da linguaxe.

 Podes descargar aquí as alegacións coas 31 medidas presentadas os días 4 e 10 de novembro.